Servizos
Protexendo e defendendo o sector
OVICA, figura representativa do sector ovino e caprino de Galicia, participa activamente no mesmo:
- Contribuíndo á súa especialización e profesionalización
- Mellorando a produtividade e rendibilidade das explotacións coa conseguinte mellora na calidade de vida dos gandeiros e gandeiras.
- Incrementando o nivel formativo dos asociados e asociadas.
- Impulsando o asociacionismo agrario e promocionando o sector a todos os niveis, algo sempre presente na nosa liña de traballo.
Desde OVICA protéxese e deféndese o sector, contribuíndo a que sexa un elemento dinamizador do territorio e actúe como intermediario e colaborador no desenvolvemento económico e social.
Servizos
OVICA está recoñecida como Entidade de Aconsellamento e Xestión e ofrece os seguintes servizos:
- Xestión do Contrato de Explotación Sustentable (CES)
- Programa de alimentación
- Programa de reprodución
- Programa de xestión técnico-económica
- Campaña de tosquiado e recollida da lá:
- Acordo de Prezos para todos os asociados
- Contratación de tosquiadores
- Organización da ruta de tosquiado e recollida da lá
- Recollida de animais de desvelle
- Apoio á tramitación e reclamación de subvencións
- Acordos con comerciais co fin de diminuír os custos dos produtos para os asociados
- Actividades formativas:
- Cursos
- Xornadas Técnicas
- Asesoramento técnico ás explotacións
- Apoio e colaboración coa ADSG ACIVO e VÉLARO S. COOP. GLG.