Sobre nós
Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia
OVICA fundouse en 1994 por trece gandeiros que confiaban nas posibilidades do sector. Deste xeito foi a primeira e única asociación que logra agrupar a produtores de gando ovino e caprino, tanto de carne coma de leite no conxunto de Galicia.
Na actualidade conta cun gran numero de asociados/as que representan un importante volume produtivo o que dá boa conta da relevancia e representatividade da asociación nun sector cun grande potencial en Galicia.
OVICA: figura clave no sector
OVICA é un axente dinamizador, unha figura clave no sector ovino e caprino, impulsora da estruturación e desenvolvemento deste sector en Galicia a través de entidades asociativas que afianzan a sanidade e o apoio técnico no sector.
Un bo exemplo son a creación de ADSG ACIVO e de VÉLARO S. COOP: GLG.
ACIVO
Datos de Contacto
adsg.acivo@gmail.com
A Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira de ovino e caprino ADGS ACIVO ten a súa orixe no antigo servizo veterinario que OVICA ofrecía ós asociados. Despois de anos de loita logrouse, no 2006, a creación dunha ADSG de ovino e caprino a nivel galego.
A ADSG ACIVO conta cun equipo de veterinarios especializados en ovino e caprino que levan a cabo o programa sanitario nun gran número de explotacións por toda a xeografía galega e que representan un importante número de cabezas.
O programa sanitario e os servizos que presta a ADSG ACIVO son os seguintes:
Servizos xerais da ADSG:
- Programa de control das desparasitacións internas do rebaño
- Programa de control das desparasitacións externas do rebaño
- Control de Paratuberculose (programa específico de prevención e control)
- Prevención e control de enterotoxemias (basquilla) en rebaño con incidencia da enfermidade
- Programa de desinfección, desinsectación e desratización. Pautas para realizar as operacións do DDD nas explotacións de ADSG
- Realización de enquisas de bioseguridade e posterior envío das melloras a realizar na explotación
- Cursos de formación para os gandeiros e formación continuada
- Programa de vixilancia e control das encefalopatías esponxiformes transmisibles
- Colaboración coas autoridades competentes na rede de vixilancia epidemiolóxica
- Asesoramento na compra de novos animais
- Consultas e atención telefónica
Servizos adicionais da ADSG:
- Control de reproducción (manexo, mellora e planificación, emprego de sistemas naturais e hormonais)
- Ecografías en rebaños con control de reproducción
- Control e seguimento das patoloxías de rebaño, inmunoprofilaxe e antibioterapia en caso de incidencia. Realización de programas específicos de prevención e control fronte a enfermidades (abortos, neumonías,…)
- Recollida de mostras e envío a laboratorio
- Control dos cans de rebaño (desparasitacións, vacinacións e identificación)
- Realización de desparasitacións e vacinacións
- Realización de necropsias
- Realizacións de informes veterinarios
Vélaro S. Coop. Galega
vélaro s.m. 1. Conxunto de la, que resulta de rapar unha ovella, carneiro, etc. (Despois de tosquia-las ovellas metían o vélaro en baldes de auga para lavalo.) 2. Pel curtida de ovella, carneiro, etc., coa la. (A lenda do vélaro de ouro.)
Vélaro S. Coop. Galega comeza a súa andaina en xaneiro de 2012, despois de varias xuntanzas promovidas dende OVICA. Vélaro nace co obxetivo de converterse nunha ferramenta máis para os gandeiros do sector ovino e cabrún de Galicia, e que persegue como obxectivos principais os seguintes:
- Levar a cabo accións de formación (Xornadas Técnicas), de mellora ou innovación tecnolóxica
- Adquisición de material gandeiro en común
- Prestación de servizos ós socios (técnicos, xestión de axudas, substitución, …)
- Comercialización dos productos dos socios
- A solicitude de subvencións para os gandeiros e a cooperativa co fin de manter e mellorar a actividade gandeira no ovino e caprino. Concretamente os socios de Vélaro poderanse acoller a axuda para compensar as desvantaxes específicas que afectan ós gandeiros do sector ovino.
A cooperativa conta co apoio e colaboración de OVICA en tódalas súas actuacións, ca fin de mellorar o servizo e chegar o un maior número de gandeiros para atender as súas demandas.