A ASOCIACIÓN | SERVIZOS | BOLETÍN | LIGAZÓNS | INSCRICIÓN | GALERÍA | CONTACTO | ONDE ESTAMOS?
········································································································································································





vélaro s.m.1. Conxunto de la, que resulta de rapar unha ovella, carneiro, etc. (Despois de tosquia-las ovellas metían o vélaro en baldes de auga para lavalo.)  2. Pel curtida de ovella, carneiro, etc., coa la. (A lenda do vélaro de ouro.)

Vélaro S. Coop. Galega comeza a súa andaina en xaneiro de 2012,  despois de varias xuntanzas promovidas dende OVICA. Vélaro nace co obxetivo de converterse unha ferramenta máis para os gandeiros do sector ovino e cabrún de Galicia, e que persegue como obxectivos principais os seguintes:

  • Levar a cabo accións de formación (Xornadas Técnicas), de mellora ou innovación tecnolóxica
  • Adquisición de material gandeiro en común
  • Prestación de servizos ós socios (técnicos, xestión de axudas, substitución, …)
  • Comercialización dos productos dos socios
  • A solicitude de subvencións para os gandeiros e a cooperativa co fin de manter e mellorar a actividade gandeira no ovino e caprino. Concretamente os socios de Vélaro poderanse acoller a axuda para compensar as desvantaxes específicas que afectan ós gandeiros do sector ovino.

 

A cooperativa conta co apoio e colaboración de OVICA en tódalas súas actuacións, ca fin de mellorar o servizo e chegar o un maior número de gandeiros para atender as súas demandas.

Inscrición en Vélaro S. Coop. Galega

Para darse de alta en Vélaro haberá que cubrir a folla de inscrición e o compromiso de permanencia, e remitilos xunto coa copia do NIF/CIF e unha copia do censo, da folla de saneamento ou do Libro de Explotación.


> Darse de alta en Vélaro S. Coop. Glg.: [ABRIR]
> Compromiso de permanencia (Persoa física): [ABRIR]
> Compromiso de permanencia (Persoa xurídica): [ABRIR]
> Darse de baixa en Vélaro S. Coop. Glg.: [ABRIR]

 

OVICA | Pazo de Feiras e Congresos | Avenida Fábrica da Luz s/n | Lugo | Galicia | E·27004 | tel 982 245 142 | NOTA LEGAL