Benvido a

OVICA

Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia

Sobre nós

Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia

OVICA fundouse en 1994 por trece gandeiros que confiaban nas posibilidades do sector. Deste xeito foi a primeira e única asociación que logra agrupar a produtores de gando ovino e caprino, tanto de carne coma de leite no conxunto de Galicia.

Na actualidade conta cun gran numero de asociados/as que representan un importante volume produtivo o que dá boa conta da relevancia e representatividade da asociación nun sector cun grande potencial en Galicia.

OVICA: figura clave no sector

OVICA é un axente dinamizador, unha figura clave no sector ovino e caprino, impulsora da estruturación e desenvolvemento deste sector en Galicia a través de entidades asociativas que afianzan a sanidade e o apoio técnico no sector.

Un bo exemplo son a creación a ADSG ACIVO e de VÉLARO S. COOP: GLG.

ACIVO

Datos de Contacto

607 900 455
adsg.acivo@gmail.com

A Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira de ovino e caprino ADGS ACIVO ten a súa orixe no antigo servizo veterinario que OVICA ofrecía ós asociados. Despois de anos de loita logrouse, no 2006, a creación dunha ADSG de ovino e caprino a nivel galego.

A ADSG ACIVO conta cun equipo de veterinarios especializados en ovino e caprino que levan a cabo o programa sanitario nun gran número de explotacións por toda a xeografía galega e que representan un importante número de cabezas.

O programa sanitario e os servizos que presta a ADSG ACIVO son os seguintes:

Servizos xerais da ADSG:

  1. Programa de control das desparasitacións internas do rebaño
  2. Programa de control das desparasitacións externas do rebaño
  3. Control de Paratuberculose (programa específico de prevención e control)
  4. Prevención e control de enterotoxemias (basquilla) en rebaño con incidencia da enfermidade
  5. Programa de desinfección, desinsectación e desratización. Pautas para realizar as operacións do DDD nas explotacións de ADSG
  6. Realización de enquisas de bioseguridade e posterior envío das melloras a realizar na explotación
  7. Cursos de formación para os gandeiros e formación continuada
  8. Programa de vixilancia e control das encefalopatías esponxiformes transmisibles
  9. Colaboración coas autoridades competentes na rede de vixilancia epidemiolóxica
  10. Asesoramento na compra de novos animais
  11. Consultas e atención telefónica

Servizos adicionais da ADSG:

  1. Control de reproducción (manexo, mellora e planificación, emprego de sistemas naturais e hormonais)
  2. Ecografías en rebaños con control de reproducción
  3. Control e seguimento das patoloxías de rebaño, inmunoprofilaxe e antibioterapia en caso de incidencia. Realización de programas específicos de prevención e control fronte a enfermidades (abortos, neumonías,…)
  4. Recollida de mostras e envío a laboratorio
  5. Control dos cans de rebaño (desparasitacións, vacinacións e identificación)
  6. Realización de desparasitacións e vacinacións
  7. Realización de necropsias
  8. Realizacións de informes veterinarios

Vélaro S. Coop. Galega

vélaro s.m. 1. Conxunto de la, que resulta de rapar unha ovella, carneiro, etc. (Despois de tosquia-las ovellas metían o vélaro en baldes de auga para lavalo.)  2. Pel curtida de ovella, carneiro, etc., coa la. (A lenda do vélaro de ouro.)

Vélaro S. Coop. Galega comeza a súa andaina en xaneiro de 2012,  despois de varias xuntanzas promovidas dende OVICA. Vélaro nace co obxetivo de converterse unha ferramenta máis para os gandeiros do sector ovino e cabrún de Galicia, e que persegue como obxectivos principais os seguintes:

  • Levar a cabo accións de formación (Xornadas Técnicas), de mellora ou innovación tecnolóxica
  • Adquisición de material gandeiro en común
  • Prestación de servizos ós socios (técnicos, xestión de axudas, substitución, …)
  • Comercialización dos productos dos socios
  • A solicitude de subvencións para os gandeiros e a cooperativa co fin de manter e mellorar a actividade gandeira no ovino e caprino. Concretamente os socios de Vélaro poderanse acoller a axuda para compensar as desvantaxes específicas que afectan ós gandeiros do sector ovino.

A cooperativa conta co apoio e colaboración de OVICA en tódalas súas actuacións, ca fin de mellorar o servizo e chegar o un maior número de gandeiros para atender as súas demandas.

Darse de alta en Vélaro S. Cooperativa Galega